Novos obradoiros de introdución á informática en Bertamiráns

martes, 3 de novembro do 2009

A Aula de Informática da Casa de Cultura de Bertamiráns acollerá durante o mes de novembro un par de obradoiros sobre cómo aprender a navegar pola Rede, manexar a aplicación de software libre OpenOffice, crear unha conta de correo electrónico ou, simplemente, iniciarse no mundo da informática.
O obradoiro de iniciación á informática impartirase en dúas quendas (do 2 ao 19 de novembro e do 9 ao 19), cun horario de 10:30 a 11:30 o primeiro, e de 19:00 a 20:30 o segundo.

PUBLICIDADE