O 28 de abril sairá o SP2 para Office 2007

mércores, 15 de abril do 2009

Microsoft confirmou que o vindeiro día 28 sairá o Service Pack 2 para o Office 2007, o que incorporará novas prestacións á suite ofimática da compañía de Redmond incluíndo o soporte de ficheiros ODF e XPS (sempre precisar de engadidos para tal fin), así como a posibilidade de imprimir en PDF.
Esta actualización do Office 2007 tamén mellora o funcionamento dos calendarios de Outlook, os gráficos de Excel, as capacidades de exportación de Visio e outras funcionalidades.

PUBLICIDADE