O 32,6% dos fogares españois contan con banda larga

venres, 10 de agosto do 2007

O Ministerio de Industria asegura que o 32,60% dos fogares españois xa teñen conexión á Rede mediante banda larga, o que sería unha boa progresión dende o 14,70% de 2004, de xeito que se estaría sobre a media europea (o 32%), aínda que iso non impide que esteamos entre os últimos da Unión en prezos e velocidade deste tipo de conexións.
O Ministerio tamén incide no feito de que continuarán a espallar a banda larga no rural mediante o Plan Avanza, de xeito que agardan achegar as conexións a Rede de alta velocidade a máis de 58.600 núcleos habitados.

PUBLICIDADE