O Android Market medra en aplicacións a bo ritmo

xoves, 8 de abril do 2010

Nun momento no que Apple adianta os detalles do iPhone OS 4 dende AndroLib ilustran o importante crecemento que está a ter o sistema operativo Android, o que resultou evidente na súa tenda de aplicacións, que contou con 9.308 novas aplicacións durante o mes de marzo, mantendo unha curva crecente considerable, confirmando o futuro desta plataforma.
De todos os xeitos cómpre destacar que cantidade e calidade non son sinónimos (o que tamén é aplicable á App Store de Apple).

PUBLICIDADE