O BNG esixe ao Goberno que tome medidas ante os bloqueos indiscriminados de páxinas web por parte de LaLiga
mércores, 14 de maio do 2025
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclama ao Goberno do Estado que actúe con urxencia ante o que considera prácticas abusivas e sen control por parte de entidades privadas como LaLiga e Movistar, que están a bloquear páxinas web e enderezos IP coa escusa de combater a piratarÃa na emisión de partidos de fútbol en liña.
Segundo denuncia Rego, estas medidas están a provocar a caÃda de milleiros de páxinas web totalmente lexÃtimas, incluÃndo espazos culturais, aplicacións e servizos de negocios. Indica que se están a producir auténticos apagamentos dixitais, especialmente durante as fins de semana, afectando contidos legais e sen relación coas retransmisións deportivas.
A situación ten a súa orixe nunha sentenza dun xulgado de Barcelona de 2022, que autorizaba LaLiga a bloquear determinados dominios asociados á piratarÃa. Porén, Rego lembra que a resolución xudicial establecÃa que non debÃan prexudicarse terceiros.
Para o deputado nacionalista, resulta incomprensible que empresas privadas poidan bloquear páxinas web. Afirma que a autorización xudicial xa é discutible, pero ademais non se está a respectar, pois esa autorización estipula que non se poden causar prexuÃzos a terceiros, algo que si está a ocorrer.
O BNG considera que esta situación vulnera os dereitos dos usuarios e alerta de que a inacción do Goberno equivale a un abandono das súas funcións, deixando o control dixital en mans privadas que actúan no seu propio beneficio e sen supervisión. Por iso, Rego insta o Executivo a tomar medidas inmediatas para garantir os dereitos e liberdades no ámbito dixital.
