O Boletín Oficial Provincial de A Coruña rexistrou 4 millóns de visitas nos últimos 8 meses
martes, 16 de febreiro do 2010
Dende que o pasado 22 de xuño a Deputación de A Coruña deixase de editar o seu Boletín Oficial en papel, consolidando a
súa edición electrónica (de balde e con total validez xurídica),
esta rexistrou 4 millóns de visitas.
Entre as vantaxes da edición dixital do B.O.P. está o feito de que os prazos de publicación reducíronse á metade, o que supón unha atractiva contribución da administración electrónica.