O Bq Aquaris M5.5 conta cunha versión Essential que reduce a súa resolución de pantalla
xoves, 5 de maio do 2016
O
fabricante español de móbiles Bq tende a ofrecer distintas versións dos seus
smartphones, facilitando asà a elección de terminal por parte dos consumidores,
aÃnda que algunha das variantes que pon á venda parecen ir destinadas
unicamente a reducir o prezo dun xeito difÃcil de xustificar, xa que o Aquaris M5.5 conta agora cunha
versión que muda a súa pantalla para conseguir un aforro de só 20 euros.
O Aquaris M5.5 é un terminal con pantalla de 5,5 polgadas, baterÃa de 3.620
mAh, un grosor de 8,5 milÃmetros e un peso de 162 gramos, que poderiamos
considerar bastante equilibrado, cun procesador Qualcomm Snapdragon 615 de oito
núcleos, 2/3 GB de RAM, 16/32 GB de almacenamento interno, dobre microSIM, 4G
(con soporte da banda dos 800 MHz), cámara traseira de 13 MpÃxeels e dobre
flash, cámara frontal de 5 MpÃxeles, radio FM, Wi-Fi N e NFC (o que abrirÃa a
porta a algúns sistemas de pagamento móbil). A súa versión ordinaria conta
cunha pantalla Full HD con Quantum Color + e parte dun prezo de 259,90 euros
(con 2 GB de RAM e 16 GB de almacenamento) chegando até os 339 euros (par ao
modelo con 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento), mentres que o novo modelo Aquaris M5.5
Essential só estarÃa dispoñible con 2 GB de RAM e 16 GB de almacenamento
interno venderÃase por 239,90 euros, o que parece unha rebaixa moi cativa para
estarmos ante un terminal que pese ao seu grande tamaño, presenta unha
resolución de só 1.280 x 720 pÃxeles (o que claramente desmerece o conxunto
completo).
- O Bq Aquaris M5.5 funciona con Android 5.1