O CESGA inaugura o seu novo superordenador: o FinisTerrae III
mércores, 21 de setembro do 2022
O
FinisTerrae III é o novo supercomputador do Centro de Supercomputación de
Galicia (CESGA) que aplicará a súa
capacidade de computación para realizar predicións do tempo meteorolóxico,
avaliacións xenómicas e para monitorizar a evolución epidemiolóxica do SARS-CoV-2,
o coronavirus causante da pandemia da COVID-19.
O novo supercomputador foi
inaugurado hoxe na sede do CESGA, en Santiago de Compostela, nun acto
presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, e
ao que asistiron o vicepresidente de Investigación CientÃfica e Técnica do
CSIC, José MarÃa Martell, e do delegado institucional en Galicia, Javier Rey
Campos.
O presidente da Xunta, Alfonso
Rueda, reafirmou o obxectivo de colocar a Galicia na elite das tecnoloxÃas de
alta prestación ao servizo da investigación e da industria asegurando que «xa
estamos no grupo cabeceiro e nunha situación punteira, pero temos que ir a
máis, e imos ir sen ningunha dúbida»,
ao que engadiu que Galicia alberga o segundo gran centro de computación
de España, do que puxo en valor que é «un dos máis competitivos de Europa».
Na súa intervención o presidente da Xunta tamén apuntou que
Galicia cos centros de investigación, coa tecnoloxÃa de altas prestacións e cos
grupos de traballo que dispón conta con «razóns de sobra» para postularse a
albergar a sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial. «Temos
argumentos moi sólidos para que Galicia sexa unha candidata a ter en conta», salientou.
O supercomputador, albergado no CESGA, púxose en marcha hai
uns meses, abrÃndose asà a prestar servizos a comunidade cientÃfica e de
innovación en Galicia e aos grupos de investigación do CSIC en toda España.
Trátase dun nodo da Infraestrutura CientÃfico Técnica
Singular (ICTS) distribuÃda de computación e datos cientÃficos Rede Española de
Supercomputación (RES). Foi adxudicado en 2021 á empresa Atos. Supón un
investimento de 7 millóns de euros, achegados pola Comisión Europea, vÃa fondos
FEDER (5,6 millóns; 80%), xunto ao cofinanciamento da Xunta de Galicia (1,05
millóns; 15%) e do CSIC (0,35 millóns; 5%).
FinisTerrae III permite resolver 4.360 billóns de operacións
matemáticas por segundo, o que supón multiplicar por unha ducia a capacidade de
cómputo do anterior supercomputador FinisTerrae II, sendo por tanto clave para
acurtar de modo significativo os tempos na obtención de resultados, abordar
problemas máis complexos que hoxe se presentan en I+D+i e que fan uso de
inxentes volumes de datos. Incorpora un simulador de computación cuántica de 30
Qbits que é o primeiro da súa clase en España.
Entre os beneficiarios do novo supercomputador figuran os
seguintes usuarios do CESGA: Meteogalicia, que realiza a diario a predición do
tempo para Galicia, a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, que
produce investigacións e prové servizos clÃnicos en base a análises xenómicas
para o Sergas, e grupos de investigación das universidades que teñen como liñas
de investigación, por exemplo, o descubrimento temperán de fármacos ou a
monitorización xenómica da epidemia por SARS-CoV-2 en Galicia.

- FotografÃa de grupo dos participantes no acto inaugural do FinisTerrae III
