O CGAI incorpora conectividade Wi-Fi

mércores, 6 de febreiro do 2008

A Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual incorpora conectividade Wi-Fi ó Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) de xeito que os seus visitantes poderán acceder á Rede valéndose da súa tecnoloxía grazas á conexión do CGAI á Autopista Galega da Información, que permite o despregamento de servizos como a Rede de Telecentros de Comunicación da Secretaría Xeral de Comunicación.
Os usuarios poderán conectarse á Internet ou á web do CGAI dende os seus propios portátiles ou dispositivos móbiles ó visitar o Centro coruñés.

PUBLICIDADE