O CITIC abre as súas portas a estudantes dos IES Eusebio da Guarda e MarÃa Casares
venres, 11 de outubro do 2024
O Centro de Investigación TIC (CITIC) da UDC acolleu numerosas visitas de estudantes neste mes de outubro. Recentemente, o centro recibiu ao alumnado do IES Eusebio da Guarda e do IES MarÃa Casares. En total, participaron máis de 50 alumnos e alumnas xunto cos seus profesores. Durante as xornadas, os estudantes tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man as instalacións do CITIC, centro que focaliza boa parte da súa actividade en IA, Ciencia de Datos, Computación de Altas Prestacións, redes intelixentes e ciberseguridade.
As visitas comezaron no Demostrador Tecnolóxico, onde puideron experimentar con lentes de Realidade Aumentada para visualizar unha maqueta 3D do edificio do CITIC, interactuando coas diferentes salas e laboratorios do centro. Ademais, tiveron a oportunidade de presenciar unha demostración do robot humanoide Nao, que mostrou exercicios de taichÃ, resaltando a innovación na robótica.
A seguinte parada foi o museo dedicado á historia dos videoxogos, onde os estudantes gozaron xogando ao clásico Donkey Kong nunha máquina arcade. Posteriormente, visitaron o Centro de Procesado de Datos (CPD), onde se compartiron curiosidades sobre o seu funcionamento.
A visita culminou na Sala de Realidade Virtual, onde se presentou un supermercado virtual, deseñado polo investigador Manuel Lagos, que ten como obxectivo axudar na rehabilitación fÃsica e cognitiva de persoas con mobilidade reducida.
As visitas escolares son unha actividade coa que o CITIC busca seguir inspirando ás futuras xeracións no ámbito da investigación cientÃfica e tecnolóxica.