O CITIC abriu o rexistro de asistencia para o quinto Congreso XoveTIC
mércores, 27 de xullo do 2022
O
Congreso XoveTIC
organizado polo Centro de Investigación (CITIC) da Universidade da
Coruña xa
ten aberto o rexistro de asistencia á nova edición deste evento
de promesas da investigación tecnolóxica, a quinta edición,
prevista para os dÃas 5 e 6 de outubro na propia sede do CITIC e
máis na Facultade de Informática da UDC.
Trátase
dunha destacada e referencial cita para mostrar e reivindicar o
talento tecnolóxico das novas xeracións de investigadoras e
investigadores. O lema desta edición será En 2022 vémonos,
pois tras dous anos de celebración virtual, o congreso retoma o
formato presencial das primeiras edicións.
O prazo de recepción
de abstracts estivo aberto até o pasado 10 de xuño. Entre
todas as comunicacións orais presentadas, concederanse cinco premios
de 300 euros cada un ás mellor valoradas por parte do comité
dientÃfico, atendendo á súa calidade, excelencia e orixinalidade.