O CITIC achega as carreiras tecnolóxicas a máis dun cento de estudantes
martes, 18 de decembro do 2018
O
Centro
de Investigación TIC, CITIC, ao abeiro do seu obxectivo de achegar a
ciencia á mocidade e espertar o talento que as rapazas e rapaces
levan dentro, organizou o pasado mércores unha charla divulgativa.
Nela participaron máis dun centenar de estudantes de primeiro e
segundo de Bacharelato do IES Universidade Laboral da Coruña. Na
cita, entre outras cousas, mostráronselles as investigacións e os
proxectos máis salientábeis nos que está a traballar a comunidade
cientÃfica do CITIC.
Na
primeira parte da charla, Salvador Naya, vicerreitor de PolÃtica
CientÃfica, Investigación e Transferencia da UDC presentou as novas
titulacións da Universidade da Coruña, como o Grao en Ciencia e
EnxeñarÃa de Datos, para continuar cunha exposición de proxectos
de I+D que se desenvolven no ámbito dos modelos e métodos
estatÃsticos e matemáticos, unha das áreas de investigación do
CITIC da UDC.
Na
segunda metade da charla, Jesús DÃaz, da área de transferencia do
CITIC e profesor de matemáticas do IES Universidade Laboral,
continuou a exposición falando das diferentes áreas tecnolóxicas
do CITIC que conforman as liñas de investigación do centro. Expuxo
diferentes proxectos do centro desde un punto de vista divulgativo
trasladándolles aos alumnos conceptos como que é a visión
artificial, a Intelixencia Artificial ou a análise de información
masiva (Big Data).