O CITIC acolle este venres un workshop sobre adestramento de modelos para condución autónoma

venres, 20 de decembro do 2024 S. P.

Este venres 20 de decembro celébrase na Sala Cloud do CITIC a xornada Avances en Simulación e Xeración Sintética de Datos Anotados para Vehículos Autónomos, organizada polo grupo de investigación Computer Graphics & Visual Computing (XLab) en colaboración co Centro TIC da UDC.
Esta xeira de traballo enmárcase no proxecto Automatic Data Annotation by Semi-Supervised Learning and Procedural Generation of Augmented Scenarios, da convocatoria 2020 de Proxectos I+D+i de Xeración de Coñecemento do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Durante o seminario presentaranse os resultados extraídos polo equipo de investigación do subproxecto Procedural Generation of Augmented Scenarios with Automatic Data (PGASADA). Con esta cita búscase xerar un espazo de encontro entre as persoas participantes no proxecto e persoal de investigación interesado nesta temática, ademais de explorar futuras vías de colaboración e intercambiar ideas.
Programa
Apertura do workshop
10.55 h. UrbanSyn: Un dataset sintético aberto para segmentación semántica con imaxes de condución realistas. José A. Iglesias Guitián, CITIC – Universidade da Coruña
11.40 h. Mobilidade conectada, cooperativa e automatizada: da tecnoloxía como fin á tecnoloxía como ferramenta – Margarita Martínez Díaz, Universitat Politècnica de Catalunya
12.05 h. HighwayScapes: Xeración de metadatos por píxel en imaxes 2D para autovías ou autoestradas – José Ribelles Miguel, Universitat Jaume I
12.25 h. Discusión aberta: HighwayScapes
13.00 h. Impacto da Xeración Sintética de Imaxes na Segmentación Semántica – Manuel Silva Díaz, CITIC – Universidade da Coruña
13.30 h. Futuros proxectos e oportunidades de colaboración
16.10 h. IA xenerativa como alternativa para a xeración de datasets sintéticos para condución autónoma – Omar A. Mures, CITIC – Universidade da Coruña
17.00 h. Mesa redonda sobre retos en simulación e xeración de datos para vehículos autónomos