O CITIC acollerá unha xornada para analizar a perspectiva de xénero na investigación
luns, 20 de maio do 2024
- A relatora da xornada Eva López Barrio nunha imaxe da USC
Será mañá, martes 21 de maio, cando o CITIC da UDC acolla a xornada A perspectiva de xénero na investigación, neste encontro tratarase o tema de Como se introduce a perspectiva de xénero na investigación? Sendo a protagonista deste relatorio Eva López Barrio, responsábel do programa Woman Emprende e coordinadora do proxecto Innovatia 8.3 do Instituto das Mulleres.
Eva López Barrio é licenciada en Ciencias Económicas pola USC e desde 2012 é titora das Axudas Emega da SecretarÃa Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, apoiando a consolidación de empresas femininas beneficiarias desta axuda.
As persoas asistentes, a través dunha metodoloxÃa participativa, contarán cunha visión completa sobre cales son os elementos para ter en conta na elaboración de propostas con perspectiva de xénero e as claves para desenvolver cada unha delas. Durante a sesión, dirixida a persoal do CITIC, Eva López, fará unha introdución sobre conceptos clave como sexo e xénero e a incorporación da perspectiva de xénero á xestión de persoas e a actividade investigadora. Asemade, abordarase a perspectiva de xénero desde o punto de vista organizativo, como incorporala á planificación estratéxica do centro, na selección de áreas de investigación e en achegar pautas sobre a igualdade de oportunidades. A incorporación da perspectiva de xénero na actividade investigadora e o proxecto Innovativa 8.3 serán outros dos temas que se traten nesta sesión, para a que as persoas que o desexen poden inscribirse no formulario habilitado polo CITIC.