O CITIC colabora coa Maker Faire Galicia 2022

venres, 18 de febreiro do 2022 S. P.

O CITIC (Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña) confirmou esta semana que volverá ser colaborador do evento Maker Faire Galicia, a feira de tecnoloxías abertas e participativas máis relevante do ámbito galego e estatal, e que celebrará a súa oitava edición do 1 ao 5 de xuño de 2022 en formato híbrido.
Os días 1 e 2 de xuño celebraranse as xornadas profesionais, nas que haberá charlas de profesionais de referencia, así como obradoiros e exposicións de proxectos.
O día 3 de xuño desenvolverase a xornada educativa con relatoras de referencia internacional e unha selección dos proxectos máis innovadores de diferentes centros educativos de España e Portugal.
Os días 4 e 5 de xuño celebraranse as xornadas abertas, dirixidas a todos os públicos. Mostraranse os mellores proxectos do ecosistema maker internacional e celebraranse numerosas charlas e talleres. Nestas xornadas o público elixirá os proxectos máis innovadores, os cales estarán divididos en tres categorías: Minimakers, Makers e Divulgación.
Todas as persoas interesadas en participar deben cubrir este formulario antes do 31 de marzo de 2022.
Na edición anterior, catro proxectos do CITIC foron seleccionados entre os 10 mellores. Así mesmo, impartíronse obradoirose charlas por parte de persoal investigador do centro.

PUBLICIDADE