O CITIC colabora na creación dunha app para persoas con parálise cerebral

mércores, 29 de xullo do 2020 Sonia Pena

O estudante de Enxeñaría Informática da UDC, Alejandro López, creou unha aplicación para persoas con parálises celebrar, no seu Traballo de Fin de Grao dirixido polo subdirector do CITIC (Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña), Javier Pereira, en colaboración con Adriana Dapena, profesora da Facultade de Informática. Segundo informa o CITIC, o obxectivo desta app é mellorar a atención das persoas con parálise cerebral, integrando diferentes xogos terapéuticos.
Os destinatarios son persoas con parálise cerebral de calquera idade, e especialmente os pacientes de ASPACE na Coruña, entidade coa que o CITIC mantén unha estreita relación. Foi precisamente nas dependencias desta asociación onde o pasado luns 27 probouse a ferramenta por primeira vez e de maneira oficial, nunha xornada na que estiveron presentes, ademais do estudante Alejandro López, Javier Pereira e Adriana Dapena, os fisioterapeutas de ASPACE Coruña Laura Quiroga e Rubén Carneiro.
Alejandro López explicou que esta aplicación permitirá extraer parámetros sobre a evolución dos pacientes en canto á súa mobilidade, postura ou equilibrio. E, ademais, pode utilizarse no catro recursos de ASPACE: atención temperá, centro educativo, centro de día e servizo residencial.

PUBLICIDADE