O CITIC colaborou na Maker Faire Galicia

luns, 23 de novembro do 2020 S. P.

O CITIC colaborou na organización da Maker Faire Galicia, que se desenvolveu do 18 ao 22 de novembro. Esta sexta edición celebrouse nun formato totalmente online, coa participación de especialistas en distintas áreas de coñecemento, ao abeiro do cal compartíronse contidos e proxectos relacionados coa innovación social e cultural, a innovación educativa e a innovación empresarial.
O CITIC participou cun stand virtual na xornada de portas abertas, no que se presentaron proxectos nos que se atopan investigando os equipos do centro. Ademais, diferentes investigadores expuxeron as súas contribucións tecnolóxico-científicas nas xornadas profesionais e ofreceron diferentes charlas divulgativas e obradoiros.
Nas xornadas profesionais da industria e sobre educación, os seguintes investigadores presentaron os seus proxectos:
• Open source monitoring system for IT infrastructures incorporating IoT-based sensors: Alejandro Mosteiro
• Design and implementation of a physical Bitcoin coin: Alberto Femenías
• Designing an Open Source Virtual Assistant: Miguel Anxo Pérez Vil
• Sistema automático de control de radon: Alberto Alvarellos
• Aplicación móbil para a análise do desenvolvemento de habilidades motoras na infancia: Paula Castro
• Un sistema multiaxente intelixente e colaborativo nunha contorna en 3D: Alejandro Rodríguez Arias
• Micro:bit para a rehabilitación en parálise cerebral: Adriana Dapena
• Behavioral authentication system base don AI for touch-screen devices: Arturo Silvelo Pallín
• IA para secundaria e bacharelato: Francisco Bellas Bouza
Pola súa banda, o investigador do CITIC Vicente Moret participou como moderador e relator na mesa redonda Tecnoloxías para o mundo 5.0, e como conferenciante en dous talleres interactivos para público novo: Aventuras matemáticas e O misterio da mecánica cuántica. A investigadora Thais Pousada ofreceu a charla Solucións de baixo custo para a independencia na diversidade funcional.

PUBLICIDADE