O CITIC comparte achados anti-COVID coa alcaldesa da Coruña
venres, 11 de setembro do 2020
Os
membros
da área de Intelixencia Artificial do CITIC, Marcos Ortega e Pablo
Guillemette, reuníronse coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey. O
obxectivo do encontro foi presentar os últimos avances en
investigación contra a COVID-19 mediante a análise de imaxe
radiolóxica e Intelixencia Artificial, en colaboración co
responsábel da área de Radiodiagnóstico do CHUAC, José Manuel
Castro.
A
alcaldesa da Coruña transmitiu a súa admiración polo seu gran
potencial diagnóstico, ademais de ser “un orgullo para A Coruña”,
xa que a iniciativa naceu no seo do CITIC en colaboración cos
investigadores do CHUAC (INIBIC-Fundación Novoa Santos). A rexedora
tamén trasladou aos membros do CITIC o seu “apoio para continuar
nesta liña, que serve como exemplo do importante que é a
investigación e a colaboración multidisciplinar entre os expertos
para loitar contra esta pandemia”.