O CITIC da UDC forma en habilidades de recursos humanos aos seus investigadores 3i-ICT

luns, 25 de agosto do 2025 S. P.

Ao longo da semana pasada, o CITIC (Centro de Investigación TIC) da UDC organizou unha actividade formativa dirixida ao persoal investigador contratado a través do programa 3i-ICT que desenvolve a súa carreira neste centro.
A formación, impartida por Marcos Rebollar Buján, de Areté Xestión de Persoas, e por Andreína Aular Villavicencio, centrouse no desenvolvemento de competencias no ámbito dos recursos humanos e as habilidades interpersoais, esenciais para a traxectoria profesional do persoal investigador.
Os temas abordados durante as xornadas viraron ao redor de como redactar un currículo; as habilidades para entrevistas de traballo; estratexias de networking; liderado, xestión eficaz do tempo e pensamento creativo.
Actualmente, o CITIC conta con sete investigadores e investigadoras contratados no marco do programa MSCA Cofund: Radhwan Ali Abdulgha Saleh, Muhammad Imran, Blanca Estela Monroy Castillo, Falak Naz, Ehsan Noshahri, Dariel Pereira Ruisánchez e Ayesha Wasim.
Con esta formación, o CITIC reforza o seu compromiso coa excelencia investigadora, a internacionalización e o desenvolvemento profesional do seu equipo, en liña cos obxectivos do programa 3i-ICT. Ademais de apoiar o crecemento profesional do seu persoal de investigación, ofrecéndolles ferramentas que complementen a súa excelencia científica con competencias transversais, fundamentais para afrontar con éxito os retos da súa carreira.