O CITIC mostra o seu potencial tecnolóxico ao alumnado do Colexio Plurilingüe Compañía de María
xoves, 20 de outubro do 2022
Este
martes 18 de outubro a
sede do CITIC (Centro de Investigación TIC) no Campus de Elviña
recibiu a visita de 18 estudantes de bacharelato do Colexio
Plurilingüe Compañía de María, algúns dos cales participan
en proxectos do programa STEMbach baixo a titoría de Carlos Dafonte
e Minia Manteiga, investigadores do dito centro tecnolóxico da UDC.
A visita comezou cunha presentación do CITIC, por parte,
precisamente, de Dafonte e Manteiga. Nesta primeira sesión
detallaron diferentes ámbitos de aplicación das investigacións
realizadas no centro.
Logo,
o responsábel da unidade de Sistemas, Alejandro Mosteiro, mostrou
algúns dos proxectos expostos no Demostrador Tecnolóxico,
centrándose especialmente na robótica e a Realidade Virtual;
ademais, o alumnado tivo a oportunidade de probar varias contornas de
RV realizadas no centro.
A
continuación, as/os participantes acudiron ao CPD (Centro de
Procesado de Datos), onde coñeceron o seu funcionamento grazas a
Alejandro Mosteiro e Carlos Dafonte, e o percorrido finalizou no novo
laboratorio de Realidade Virtual e Localización. O grupo asistiu a
unha demostración de localización en interiores para coñecer o
funcionamento do Optitrack, un sistema de captura de movemento
baseado en cámaras, e tamén probaron os lentes de Realidade
Virtual, participando activamente en escenarios virtuais inmersivos.