O CITIC participará na Maker Faire Galicia con dous proxectos, unha charla e un hackathon
xoves, 25 de maio do 2023
O
CITIC
(Centro de Investigación TIC da UDC) participará un ano máis na
feira tecnolóxica argalleira Maker Faire Galicia, a maior da
PenÃnsula, tanto en número de xornadas como en asistentes e
proxectos presentados. Farao presentando dous proxectos centrados na
diversidade funcional, unha charla sobre IA e un hachathon.
Esta
edición, que se desenvolverá do 1 ao 4 de xuño na Cidade da
Cultura de Santiago, contará cun variado programa e a participación
de especialistas en distintas áreas de coñecemento que compartirán
contidos e proxectos relacionados coa innovación social e cultural,
a innovación educativa e a innovación empresarial. Artellarase en
tres bloques: xornadas da industria (1 de xuño), xornada educativa
(2 de xuño) e xornadas abertas (3 e 4 de xuño).
O
CITIC participará achegando un premio no Hackathon de tecnoloxÃas
de apoio, do cal formará parte do xurado a profesora titular da
UDC e membro do CITIC, Thais Pousada. Por outra banda, Manuel Lagos,
investigador do CITIC, presentará o seu proxecto Realidade
virtual aplicada á promoción do envellecemento activo e á
rehabilitación de persoas con diversidade funcional; e a maiores
Amparo Alonso, catedrática da UDC e membro do CITIC, participará
como relatora na charla Dilemas éticos na Intelixencia
Artificial. Ademais, o proxecto desenvolvido polo
CITIC e ASPACE Coruña, Talentos Inclusivos, contará cunha caseta
onde expoñerán varios dos retos desenvolvidos ao longo das súas
edicións.
Realidade
Virtual aplicada á promoción do envellecemento activo
- Proxecto de Manuel Lagos
Sección
na Maker Faire: Proxectos das Xornadas da Industria.
Data:
1/06/2023 de 10.00 a 14.00 h.
Intervén:
Manuel Lagos (CITIC).
Descrición:
O obxectivo do proxecto é facer uso da Realidade Virtual (RV) para
xerar contornas virtuais destinadas ao traballo de diferentes
habilidades fÃsicas e cognitivas en poboación maior e en persoas
con diversidade funcional.
As
contornas representarán espazos da vida diaria como poden ser as
estancias habituais dunha vivenda, un supermercado ou unha horta.
Nestes espazos propoñerase realizar diferentes tarefas baseadas en
actividades do dÃa a dÃa. A finalidade é que a persoa adestre as
súas habilidades fÃsicas e cognitivas dunha maneira segura, amena e
motivadora.
Dilemas
éticos na Intelixencia Artificial
Sección
na Maker Faire: Charlas das Xornadas da Industria.
Data:
1/06/2023 de 10.00 a 10.45 h.
Interveñen:
Amparo Alonso (CITIC), Bárbara Román, Ana Mª Alonso.
Descrición:
Nestes momentos estamos a vivir a explosión da Intelixencia
Artificial, unha tecnoloxÃa que vai cambiar o mundo de maneira
drástica.
Se
normalmente a innovación vai por diante da regulación, nesta
ocasión as caracterÃsticas da propia tecnoloxÃa fan que esa
distancia medre de maneira exponencial. Debido a iso, nos últimos
meses, cada vez son máis as voces que piden unha parada no
desenvolvemento da IA para pensar respecto diso de maneira conxunta e
establecer mecanismos para que isto non se nos vaia das mans.
Exposición
de proxectos de Talentos Inclusivos
Sección
na Maker Faire: Proxectos das Xornadas Educativas.
Data:
2/06/2023 de 10.00 a 14.00 h.
Interveñen:
Laura RodrÃguez (CITIC), Patricia Concheiro (CITIC) e Carmen Miranda
(CITIC).
Descrición:
Exposición dos produtos desenvoltos na primeira e segunda edición
do proxecto de Talentos Inclusivos.
Amosaranse
premedores e outros obxectos adaptados que funcionan con control
Makey Makey ou Micro:bit, ademais de xogos creados na plataforma
Scratch.
Hachathon
de TecnoloxÃas de Apoio
Sección
na Maker Faire: Obraodoiros.
Data:
Do 1 ao 4 de xuño durante a Maker Faire Galicia 2023.
Descrición:
Este hackathon, organizado polo CITIC, ASPACE Coruña, ONCE e
COGAMI, consistirá na resolución dun reto co obxectivo de facilitar
e mellorar o dÃa a dÃa das persoas con diversidade funcional.