O CITIC presenta catro innovadores proxectos que coordinarán investigadores novos do centro

martes, 5 de xuño do 2018 Redacción

O pasado 1 de xuño, o comité científico do Centro de Investigación TIC (UDC) acordou a resolución da convocatoria de proxectos de investigación coordinados dirixidos por mozos investigadores do centro. Entre os proxectos seleccionados que recibirán financiamento nesta convocatoria atópase o proxecto Concordance, que se insire no eido da prevención de colisión para vehículos aéreos non tripulados, UAV polas súas siglas en inglés, empregando técnicas de aprendizaxe profunda (Deep Learning) e sensórica optimizada. Concordance será coordinado pola investigadora Paula Fraga Lamas.
Outra das iniciativas é SC-IM-HW, que busca a optimización de métodos de selección de características baseados en información mutua para arquitecturas hardware non convencionais. SC-IM-HW será oordinado polo investigador Jorge González Domínguez.
Na listaxe de proxectos tamén se atopa eCoar, que é un sistema automático para a detección de anomalías e control da calidade en eficiencia enerxética, confort térmico e calidade do aire en edificacións. Este proxecto vén da man do investigador Javier Tarrío Saavedra.
Por último atópase Treboada, que se encamiña a materializar técnicas de predición de precipitación mediante sensores de baixo custo e aprendizaxe máquina (Machine Learning). Coordinado polo investigador Ignacio Fraga Cadórniga.
Esta convocatoria é unha das accións establecidas no Plan Estratéxico do CITIC para o período 2017-2021 no seu Eixo de Investigación. A través da mesma, preténdese “estimular a investigación cooperativa entre os mozos investigadores dos distintos grupos de investigación, axuntando esforzos e buscando sinerxías e capacidades complementarias, así como o intercambio de recursos e coñecementos de maneira que se poidan abordar cuestións complexas relacionadas”.
p margin-bottom: 0.25cm; line-height: 120%; a:link

PUBLICIDADE