O CITIC recibiu a visita da Universidade Marta Abreu de Santa Clara, en Cuba
luns, 18 de setembro do 2023
Salvador
Naya, vicerreitor de Política Científica, Investigación e
Transferencia da UDC, e Manuel Penedo, director do CITIC, recibiron
nas instalacións do centro a membros da Universidade Marta Abreu de
Santa Clara, en Cuba. Os profesores Alberto Pérez Bermúdez,
decano da Facultade de Enxeñería Mecánica e Industrial; Yunier
Valeriano Medina, decano da Facultade de Enxeñería Eléctrica, e
Manuel Alejandro Rubio Rodríguez, director do Centro de Estudos
Enerxéticos e Tecnoloxías Ambientais, chegaron o pasado martes 12
de setembro á Universidade da Coruña con motivo dunha visita
institucional.
O
obxectivo da reunión é “estreitar lazos e explorar novas vías de
colaboración entre ambas entidades que lles permitan realizar
proxectos conxuntos con alcance internacional, interesándose por
temáticas como a Internet das Cousas, as Cidades Intelixentes ou a
eficiencia enerxética”.