O CPEIG celebra este venres 16 a XV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia
xoves, 15 de xuño do 2023
O
CPEIG celebra este venres 16 de xuño en Santiago a a súa XV
Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. Contarase coa
presenza de máis de 350 convidados e no marco da celebración farase
entrega dos premios anuais da profesión. O evento estará
presentado polo humorista e ilusionista coruñés Luis Piedrahita,
que ofrecerá un monólogo e un truco de maxia ao auditorio, e
contará coa actuación da banda galega de rock e soul Broken Peach.
Será no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago de Compostela, a
partir das 19:00 horas.
Como
dixemos, está previsto que máis de 350 convidados asistan ao evento
TIC referente de Galicia, entre representantes do ámbito
empresarial, da Administración Pública, do ámbito universitario e
profesionais do sector. “A Noite é xa unha gala consolidada onde o
CPEIG pretende mostrar á sociedade o traballo desenvolto por
enxeñeiros en informática dentro da sociedade da información e as
iniciativas relacionadas co ámbito das TIC”, explican fontes do
colexio que preside Fernando Suárez, quen será o encargado de
inaugurar a décimo quinta edición do evento.
Contarase
coa asistencia do ministro de Sanidade, José Miñones; o concelleiro
de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, Miguel
Corgos López-Prado; a secretaria Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo
Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego
e Igualdade da Xunta de Galicia, Covadonga Toca Carús; o delegado
Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor; o
director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia,
Julián Cerviño; o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime
Interior do Concello da Coruña, José Manuel Lage Tuñas; o reitor
da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde; o vicerreitor de
Transformación Dixital e Innovación da Universidade de Santiago
(USC), Gumersindo Feijoo Costa; o presidente do Clúster TIC de
Galicia, Antonio Rodríguez del Corral; a directora da Agencia
Española de Protección de Datos, Mar España Martí; e o secretario
do Consoo General de Colegios Oficiales de Ingeniería en Informática
(CCII), José García Fanjul; así como outras personalidades e
representantes do sector TIC galego que exercerán como
patrocinadores do evento e as colexiadas e colexiados do CPEIG.
- Luis Piedrahita será o encargado de conducir o transcurso da gala
A
gala será conducida por Luis Piedrahita (A Coruña, 1977),
artista multidisciplinar, humorista, escritor, ilusionista,
presentador e director de cine. É colaborador e guionista do
programa de entretemento El hormiguero 3.0, onde presenta os
seus monólogos e maxia antes personalidades invitadas como Tom
Cruise, Gwyneth Paltrow, Will Smith, Denzel Washington ou Jennifer
Aniston, entre outros. Os seus inicios foron como colaborador e
guionista do programa pioneiro do stand-up comedy en España,
El club de la comedia. Foi tamén director, guionista e mago
do programa televisivo Nada por aquí. Escribiu, dirixiu e
produciu coa súa compañía, Producciones El Espectador, varios
espectáculos de humor. As súas últimas creacións son Es mi
palabra contra la mía, Las amígdalas de mis amígdalas son mis
amígdalas e El castellano es un idioma loable, lo hable quien
lo hable. Así mesmo, Piedrahita en coprodución co Teatro Real
de Madrid, desenvolveu dous espectáculos musicais para nenas e
nenos, dous contos sinfónicos escritos e narrados polo artista
acompañado dunha orquestra sinfónica.
- A banda viguesa Broken Peach
Tamén
se contará coa actuación da banda viguesa Broken Peach. formada a
principios de 2009 para crear unha nova forma de fusionar a música
co entretemento a través da interpretacións de covers, nos
que tamén inclúen algúns mashups, todo vestido cunha
estética extravagante, dando una frescura visual aos seus
espectáculos en vivo.
Os
premios
Premio
Iniciativa Emprendedora
O
enxeñeiro informático Diego Cid recibe esta distinción por lograr
que se poida usar o DNIe en móbiles co sistema operativo iOS
mediante unha conexión NFC para diferentes trámites coa
administración pública.
Premio
Ada Byron, dirixido a mulleres enxeñeiras en Informática
A
enxeñeira informática Verónica Bolón recibe esta distinción
polos seus traballos de investigación en Intelixencia Artificial
sustentábel e a súa aposta polo fomento da vocación
científico-tecnolóxica entre as nenas como coordinadora do nodo da
Coruña do proxecto Inspira STEAM, no que científicas e tecnólogas
imparten charlas a estudantes de 6º de Primaria e 1º da ESO sobre
as STEM ou os estereotipos de xénero.
Premio
Traxectoria Profesional
A
distinción recaeu en Eduard Martín, CIO da Fundación Mobile World
Capital Barcelona, polo seu “liderado de proxectos en organizacións
de vangarda e o seu traballo incansable na defensa da profesión de
enxeñaría en informática”. Dirixe a área de Conectividade
Intelixente de MWCapital e impulsou o Observatorio Nacional 5G e a
iniciativa 5G Barcelona para fomentar a evolución, o despregue e o
desenvolvemento desta tecnoloxía co obxecto de mellorar a calidade
de vida das persoas.
Premio
Especial CPEIG
-Distínguese
nesta categoría ao Colegio de Ingenieros en Informática de Asturias
pola súa loita para a inclusión dos enxeñeiros en informática no
corpo de enxeñeiros na Ley de Empleo Público da autonomía.
-Recibe
a distinción o Ministerio de Sanidade polo seu compromiso coa
Europa de la Salud, espazo europeo de datos sanitarios, para
mellorar prestación de asistencia sanitaria en toda Europa.
Premio
Iniciativa Empresarial
Navantia
recibe este recoñecemento polo seu proxecto Astillero 4.0,
aposta de futuro pola innovación e a tecnoloxía de vangarda.
Incorpora tecnoloxías intelixentes –catorce ferramentas
habilitadoras como Big Data, vehículos autónomos, robótica,
Intelixencia Artificial, Blockchain, 5G ou drons– para
alcanzar unha maior competitividade e sustentabilidade.
Premio
Innovación Tecnolóxica no Ensino
Recibe
o galardón Code.org, a plataforma formativa en programación máis
grande do mundo, destinada para que cada estudante en cada escola do
mundo teña a oportunidade de aprender informática.
Premio
Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS)
O
proxecto Calvo Residuo Cero, da compañía galega Grupo Calvo, recibe
esta distinción por ser una iniciativa global destinada a conseguir
unha xestión sustentábel de todos os residuos xerados, tanto en
fábricas como en oficinas, asegurando un mínimo impacto na contorna
e a contribución efectiva a un proceso de economía circular.
Premio
Iniciativa da Administración
Distínguese
á Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego da
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de
Galicia, departamento creado hai un ano, que puxo en marcha
iniciativas innovadoras, como a Rede de Polos de Emprendemento na que
se usan ferramentas intelixentes, e outras accións para impulsar a
inclusión e a igualdade.
Premio
e-Inclusión
A
distinción recaeu en Envita, start-up viguesa de innovación
social, pola súa plataforma tecnolóxica para a dixitalización da
historia de vida das persoas maiores.
Premio
Proxecto Fin de Máster
Recibe
o recoñecemento Rubén Pérez Jove polo deseño dunha ferramenta de
identificación de sistemas operativos baseada en Intelixencia
Artificial. Os outros finalistas foron Alejandro Mosteiro, que
desenvolveu unha ferramenta de axuda para os administradores no seu
traballo baseada en Internet das Cousas, e Hilda Romero, que creou
unha web e aplicación móbil para axudar aos pianistas nos seus
ensaios e actuación.
Premio
15º Aniversario CPEIG
Cisco,
Eviden, Inforhouse, R e Vodafone reciben esta distinción polo seu
apoio continuo á gala de A Noite da Enxeñaría en Informática de
Galicia.
Premio
Colaboración Interadministrativa
Esta
distinción concédese a Secretaría de Estado de Digitalización e
Inteligencia Artificial, ao Nodo GalicIA da Xunta de Galicia e ao
Concello da Coruña pola creación da Axencia Española de
Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA).
Premio
Colexiada/o de Honra
O
recoñecemento recaeu en Amparo Alonso Betanzos, catedrática de
Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade da
Coruña (UDC) e investigadora do CITIC. O Colexio outórgalle esta
distinción por ser unha das “máximas referentes e pioneiras en
España no uso de Intelixencia Artificial (IA) aplicada ás ciencias
sociais”.