O Carballo Interplay estreará a primeira webserie interactiva en galego
martes, 17 de novembro do 2020
O festival
de contidos dixitais Carballo
Interplay estreará
este xoves ás 22:00 horas a primeira webserie interactiva en galego, Amnesia
3.0, proxecto gañador do Premio á produción de proxecto convocado na
pasada edición do certame. A situación sanitaria levou a que esta estrea vaia
realizarse a través da Rede, cun coloquio posterior coas súas creadoras: Irene
Pin, Iria Iglesias e Natalia Porca.
Estamos ante un fito da ficción dixital galega, que abre a posibilidade de que
o espectador poida escoller o itinerario no que transcorrerá a historia desta miniserie
de 3 capÃtulos na que non faltan caras moi coñecidas no audiovisual galego como
son Monti Castiñeiras, Isabel Naveira e Sabela Arán.
Amnesia 3.0 parte de 3 puntos de vista diferentes, podendo o público seguir
a historia dende un ou outro percorrido, decisións que non afectan á historia,
pero si á súa percepción, xa que en cada cruzamento de personaxes poderase
elixir a quen seguir, mudando asà o xeito no que se ve o que está a pasar. Unha
interesante proposta que demostra que é posible facer ciencia ficción sen
grandes efectos especiais e cun orzamento moi limitado dende a nosa terra.
- Imaxe da gravación de Amnesia 3.0
Tráiler de Amnesia 3.0