O Clúster TIC Galicia organiza unha misión comercial inversa con organismos de Latinoamérica e EE.UU.
martes, 11 de marzo do 2025
O Clúster TIC Galicia organiza, entre os dÃas 11 e 13 de marzo, unha misión comercial inversa na que participan quince empresas de carácter innovador, organismos de transformación dixital e entidades financeiras procedentes de Latinoamérica e Estados Unidos.
A xornada de traballo comezou hoxe cunha visita a Abanca e a inauguración oficial no Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC a cargo do presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio RodrÃguez del Corral. O responsable amosará aos visitantes o propio centro e, posteriormente, os socios da entidade terán a oportunidade de reunirse con carácter individual cos diferentes invitados.
A axenda continuará mañá en Santiago de Compostela e o xoves en Vigo, con visitas a espazos tecnolóxicos clave, como o CESGA, Gradiant ou o CTAG, xuntanzas e actividades de networking con empresas socias do Clúster TIC Galicia. O obxectivo é estreitar lazos comerciais coas organizacións, ademais de amosarlles os avances tecnolóxicos máis destacados da nosa rexión.
Entre os organismos convidados figuran Totalplay (México), empresa de telecomunicacións que ofrece servizos de televisión por cable, Internet de fibra óptica e telefonÃa fixa en México e Colombia; EMCALI (Colombia), que tamén opera en áreas clave como as telecomunicacións, en cuxa representación estará Kevin Estivens, responsable de tecnoloxÃa, que desempeña un papel clave na infraestrutura tecnolóxica da entidade; ou Grupo EnergÃa de Bogotá (Colombia), que suministra enerxÃa eléctrica e gas natural en Colombia, Perú, Brasil e Guatemala, co seu asesor de Datos de AnalÃtica, Gustavo Alberto Angulo.
Asà mesmo, estarán Ximena Duque, presidenta executiva da Federación Colombiana de Software e TecnoloxÃas (Fedesoft), con máis de 500 afiliados e 30 anos de traxectoria; e o viceministro de Innovación e TecnoloxÃa do Ministerio de Innovación da República Dominicana, Armando José Manzueta Pena.
No ámbito da transformación dixital, o Clúster TIC Galicia contará coa presenza de Edgar Ariel RodrÃguez, director de Modernización e Desenvolvemento Institucional do Órgano Xudicial de Panamá, encargado da administración de xustiza no paÃs; Adolfo José Fábrega, Administrador Xeral da Autoridade Nacional para a Innovación Gubernamental (AIG) de Panamá, encargada de impulsar a transformación dixital do sector público no paÃs; e Marva Roxana Dalby, xerente de Sistemas Funcionais da Autoridade do Canal de Panamá, responsable da operación, administración, mantemento e modernización do propio Canal.
En canto ás entidades financeiras, participarán Juan Ramón Anria, xerente de Seguridade Dixital e Ciberseguridade da Caixa de Aforros de Panamá; diferentes representantes do Banco Interamericano de Desenvolvemento-BID (EE. UU.), que ofrece apoio financeiro e técnico a gobernos nacionais e subnacionais, asà como a outras entidades de América Latina e o Caribe; e Mónica MarÃa Gómez, vicepresidenta de ASOBANCARIA (Colombia), gremio que agrupa ao sector financeiro colombiano, promovendo o seu desenvolvemento, eficiencia, modernización e seguridade.
Esta acción, que conta coa colaboración do Igape, supón unha excelente oportunidade para amosar o potencial tecnolóxico galego, a través de solucións innovadoras en áreas como a intelixencia artificial, a ciberseguridade, a dixitalización industrial ou a Internet das Cousas (IoT). Ademais, permitirá establecer posibles pontes de colaboración que contribúan ao fortalecemento da competitividade e a innovación tecnolóxica a nivel global.
