O Clúster da Madeira prepara un novo curso en liña sobre innovación
martes, 11 de setembro do 2007
O Clúster da Madeira de Galicia está xa a preparar a terceira edición do seu curso en liña para fomentar a innovación no sector, logo das dúas primeiras que se desenvolveron ó longo dos meses de marzo e xuño. O obxectivo desta iniciativa, que ten 40 horas de duración no plano virtual e que arrinca o 24 de setembro en Compostela na sede da Asocación de Empresarios do Polígono do Tambre cunha sesión presencial (unha das dúas previstas), é informar ós traballadores e traballadoras do sector dos métodos máis axeitados para acadar competitividade. Máis información na web de Eosa Consultores.