Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster impulsa un proxecto para achegar enerxía colectiva ao pulo internacional das nosas empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster impulsa un proxecto para achegar enerxía colectiva ao pulo internacional das nosas empresas

Redacción
Publicado: 30/04/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Programa_MarcoPolo.jpgO Clúster TIC Galicia, a través do seu Grupo de Traballo de Internacionalización, vén de lanzar a primeira edición dunha iniciativa dirixida a xuntar forzas para acadar que o noso sector amplíe o seu radio de acción alén das nosas fronteiras. Trátase do proxecto XportaTIC, e responde a unha arela do Clúster que vén de antigo: a arela de potenciar a relación e a cooperación entre as entidades asociadas para lograr un meirande nivel de competitividade que “nos sitúe no mapa internacional”. A iniciativa encamíñase a crear alianzas entre empresas, centros de coñecemento e institucións para orientar os esforzos na creación de produtos tecnolóxicos con capacidade transfronteiriza. O obxectivo final: emprazar a nosa industria TIC como referente de prestixio a nivel europeo e mundial.
Segundo informa o Clúster acerca da orixe da proposta e a que parámetros e demandas responde, “o 70% das empresas socias teñen interese, en distinta medida, no proceso de internacionalización”. Por iso e para conxugar diferentes intereses constituíuse un Grupo de Traballo Internacionalización no que participan 17 empresas socias.
Asemade, froito das distintas reunións do Grupo e para desenvolver o proxecto XportaTIC, naceu de xeito complementario o Programa Marco Polo, co que se procura pór en coñecemento das empresas que teñen interese en abrirse a mercados externos as experiencias acumuladas de outras compañías que xa abriron camiño e deste xeito aproveitar as súas recomendación e consellos.
A clave estaría pois en aproveitar a experiencia e a bagaxe adquiridas xa por un bo número de firmas da nosa terra. “No Clúster”, informa a plataforma, “hai a día de hoxe máis de 20 empresas multinacionais, espalladas por 74 países dos cinco continentes, sumando conxuntamente máis de 300 sedes; tamén temos empresas sen sede internacional mais con persoal comercial en destino”. Estas realidades son, a xuízo da organización empresarial galega, “dous factores importantes que se poden compartir grazas á xenerosidade e disposición de cooperación que teñen as empresas socias”. E engade: “Esta situación permítenos abrir novas oportunidades e fórmulas para a busca de novos mercados”.
Deste xeito, grazas ao Programa Marco Polo, as empresas que están a estudar a posibilidade de comezar o camiño da internacionalización poden facer unha análise máis fonda e real a través das experiencias e coñecementos das que xa pasaron eses primeiros comezos. O programa executarase en sesións mensuais. “Cada mes”, sinala o Clúster, “teremos oportunidade de coñecer métodos de implantación de distintos produtos e servizos en diferentes países, e tamén saberemos se a empresa xa internacionalizada pode acompañar ou comercializar outros produtos”. Previamente a cada sesión irase facendo difusión das empresas que participan e os principais temas que expoñerá.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?