O Concello da Coruña achega en maio formación en intelixencia de negocio
luns, 6 de abril do 2026
O Concello da Coruña anunciou este mes de abril un programa de formación en intelixencia de negocio e analÃtica dixital que se impartirá ao longo dos vindeiros meses no centro de empresas Accede Papagaio. O obxectivo é achegar ás persoas emprendedoras e ás pequenas empresas coñecemento e ferramentas que lles permitan analizar o mercado, medir o rendemento das súas accións e optimizar recursos.
Nun plano máis concreto, a formación facilita a creación de cadros de mando, a análise de clientes e a avaliación de oportunidades comerciais. Respecto das súas vantaxes, o Concello lembra que a integración destes coñecementos contribúe a mellorar a toma de decisións desde as fases iniciais dos proxectos. Ademais, engade, a capacidade para analizar indicadores clave, interpretar métricas dixitais e anticipar tendencias é un factor determinante para garantir a competitividade das empresas emerxentes.
Esta formación promove modelos de negocio baseados en evidencias e facilita a identificación de áreas de avance, reducindo riscos e fortalecendo a sustentabilidade dos proxectos.
A formación en intelixencia de negocio prográmase para o mes de maio. O Concello engadiu que en breve publicitaranse as ligazóns de inscrición.
