O Congreso I+C chega este mércores a súa sesión inaugural

martes, 29 de xaneiro do 2008

Este mércores 30 de xaneiro a Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago acolle a sesión inaugural do Congreso Internacional Fundacional da AE-IC, I+C Investigar a Comunicación. O acto en cuestión desenvolverase a partir das 9.00 e contará coa presenza do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, do conselleiro de Innovación, Fernando Blanco, e máis da conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo.

PUBLICIDADE