O Firefox estreará versión para Windows Mobile a semana que vén
mércores, 28 de xaneiro do 2009
O proxecto Fennec está a desenvolver distintas versións do navegador Mozilla Firefox para o seu uso en dispositivos móbiles, estando moi avanzada a súa versión para dispositivos coma o Nokia N810, pero agora vaise espallar moito máis o seu público potencial, pois para a semana que vén está prevista unha versión de Firefox Mobile para Windows Mobile (tomando como referencia o terminal HTC Touch Pro).