O Flash avanza nos móbiles

martes, 17 de febreiro do 2009

Adobe lanzou a versión 3.1 de Flashlite redistribuíble (que permite visualizar contidos Flash, incluíndo vídeo, de xeito independente á versión de Flashlite incluída de serie no terminal móbil) e a ferramenta Adobe Mobile Packager (que serve para levar os contidos en Flash a terminais con Windows Mobile e Symbian convertendo ficheiros SWF a .CAB ou .SIS listos para instalar). Mellora así a penetración do Flash nos móbiles, e avánzase na consolidación desta plataforma para que non padeza os problemas da súa fragmentación (ante as distintas versións de Flashlite).

PUBLICIDADE