O Flash permitirá reproducir vídeos en alta definición

martes, 21 de agosto do 2007

Adobe anunciou o lanzamento dunha versión en probas do seu reprodutor de Flash chamado Moviestar que incluirá soporte para o codec de vídeo H.264, que vén a ser o estándar MPEG-4 máis habitual para a alta definición, que xa se vén a utilizar por sistemas coma Quicktime.
Este salto na tecnoloxía Flash podería levar á proliferación de contidos en alta definición na Rede, e tamén aproveitaría a optimización dos últimos procesadores para a reprodución multimedia.

PUBLICIDADE