O Consello de Ministros aprobou un Acordo para executar unha sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo de 27 de novembro de 2012, que anulou o Acordo do Consello de Ministros de 16 de xullo de 2010, polo que se asignaba un múltiple dixital de cobertura estatal a cada unha das sociedades licenciatarias do servizo de Televisión Dixital Terrestre (TDT) de ámbito estatal, directamente e sen mediar concurso.
Este Acordo dá cumprimento á sentenza, o que suporá a desaparición de varias canles da TDT, facilitando a liberación do dividendo dixital, ou sexa, acelerando a chegada a España das comunicacións móbiles 4G, aínda que creando un gran malestar e unha grande incerteza dentro do sector audiovisual, pos as canles afectadas xa anunciaron que van tomar medidas legais para evitar as medidas anunciadas, pois non podemos esquecer que das canles a suprimir dependen postos de traballo, contidos adquiridos, compromisos publicitarios e moitos outros factores que non poden alterarse a curto prazo sen supor un claro quebranto económico.
As canles que terían que desaparecer non están aínda claras, pois o que se fai e reducir o número de programas que poderá emitir cada adxudicatario de licenzas de TDT, de xeito que Atresmedia terá que desprenderse de 3 canles, Mediaset de 2, Veo TV de 2 e Net TV de 2.
Ante as dificultades de toda esta operación, continúa a incógnita de se será posible a liberación do dividendo dixital para 2014, e de se as canles de televisión cederán ante as presións do Goberno, que leva varios meses instando ao peche de canles de TDT (o que inicialmente respondeuse mediante unha maior compresión do sinal televisivo para un maior aproveitamento dos múltiplex actuais).
O Goberno anula a licenza de 9 canles de TDT
Compartir Este Artigo
