O HMD Barbie Phone chega a un prezo de 129 euros
martes, 27 de agosto do 2024
Durante a pasada celebración do Mobile World Congress de Barcelona o fabricante HMD adiantou que Ãa pór á venda un teléfono inspirando en Barbie, figura moi de moda grazas á pelÃcula homónima, e por fin amosan como será este teléfono creado en colaboración con Mattel.
Cómpre lembrar que o HMD Barbie Phone é un teléfono básico con tapa, que promocionan como ideal para quen quere desconectar (xa que non conta con aplicacións conectadas á Rede) e resulta especialmente rechamante polo seu deseño en cor rosa (tanto na carcasa como nos menús en pantalla), e de ter a súa pantalla externa integrada nun espello.
O teléfono, que vén nun xoieiro, inclúe adhesivos e outros adornos, un cordón de contas e un par de carcasas traseiras adicionais, de xeito que o seu deseño pode personalizarse bastante no dÃa a dÃa.
Un produto moi rechamante dende un punto de vista estético, aÃnda que totalmente esquecible a nivel técnico, pois non deixa de ser un teléfono con tapa moi básico, cunha cámara duns ridÃculos 0,3 MpÃxeles, pantalla interna de 2,8 polgadas, pantalla externa de 1,77 polgadas (agochada no espello), baterÃa de.1450 mAh recargable mediante USB-C (que asegura achegar até 9 horas de conversa), reprodución de MP3, radio FM, función de lanterna para o flash, Bluetooth, toma para auriculares, lector de tarxetas microSD de até 32 GB, conectividade 4G, un peso de 123,5 gramos e un grosor duns esaxerados 18,9 milÃmetros. Todo isto dispoñible a un prezo de 129 euros, o que é un prezo esaxerado, agás que vexamos o produto simplemente como unha peza de colección.
VÃdeo promocional do HMD Barbie Phone