
Así, o consorcio T2UES buscar dar forma a vehículos moi lixeiros, de reducidas dimensións e propulsión eléctrica a moi baixo custo, con baterías adaptadas aos traxectos máis habituais desde núcleos urbanos e hoteis ata as praias (e viceversa). Estes vehículos forneceríanse nunha rede de puntos de recarga baseados en fontes de enerxía renovable, como a eólica e a solar.
ITG achega a súa tecnoloxía e I+D para esas infraestruturas. A arquitectura de software de recarga que está a materializar o centro tecnolóxico coruñés estará constituída por un sistema de comunicacións, que captará información da solución de control enerxético e do vehículo eléctrico, e unha plataforma IoT (Internet das Cousas), receptora desta información en tempo real, que almacenará e mostrará a información, sendo compatible con sistemas desenvolvidos por terceiros.
Unha contribución para unha mobilidade áxil e limpa en zonas turísticas
Segundo informa o ITG, “o proxecto T2UES favorecerá a mobilidade na Costa de Huelva e o Algarve portugués mediante unha enerxía limpa, especialmente na época estival, cando as localidades situadas nestas zonas chegan a cuadriplicar ou quintuplicar a súa poboación estable”. Os primeiros vehículos adaptados e o primeiro punto de recarga prevese que estean listos para a súa posta en marcha en 2020 na Costa da Luz e o Algarve, dous destinos turísticos de primeira magnitude que, en 2018, rexistraron máis de 24 millóns de estadías hostaleiras.
O ITG contribúe co seu software á chegada de novos vehículos eléctricos alimentados con enerxía solar
Compartir Este Artigo

