O Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) é o encargado de deseñar e coordinar en España as demostracións de H2020 AMU-LED, un proxecto de mobilidade aérea urbana da Comisión Europea liderado por NTT DATA no que participan 17 compañías e institucións de Europa e Estados Unidos, que ten como obxectivo demostrar a integración segura e eficiente de distintos tipos de operacións con vehículos aéreos non tripulados no ceo das nosas cidades e “contribuír con iso ao desenvolvemento regulamentario e normativo”, segundo explicaron fontes do instituto, engadindo que se trata dunha “ambiciosa iniciativa” que abrangue unha das maiores demostracións de servizos de mobilidade con vehículos aéreos en contorna urbana.
Así, tralas demostracións realizadas en Cranfield (Reino Unido), Amsterdam e Róterdan (Países Baixos), a última semana de setembro AMU-LED recala en Santiago de Compostela, a única cidade española que acollerá as demostracións, coordinadas por ITG, e nas que intervirán aeronaves tripuladas e non tripuladas, que realizarán máis de 30 operacións, tanto reais como simuladas, nun total de 11 vertiportos repartidos entre a Cidade da Cultura, o Aeroporto Rosalía de Castro (Lavacolla); o campo de fútbol da Universidade de Santiago e a base do helicóptero do 061 no Hospital de Conxo.
O ITG coordinará en Santiago unha macro-demostración de operacións seguras e eficientes con drons
Compartir Este Artigo

