O ITG crea unha tecnoloxÃa para o aforro das comunidades enerxéticas
mércores, 14 de xuño do 2023
O autoconsumo colectivo e a transición enerxética son factores que
sitúan ao consumidor como protagonista da xestión. Conforme a isto,
o Instituto
Tecnolóxico de Galicia (ITG)
desenvolveu unha tecnoloxÃa que permitirá aos usuarios de
Comunidades Enerxéticas Locais (CEL) aforros dun 10 a un 15% na súa
factura enerxética. Mediante a creación dunha
comunidade enerxética virtual e a xestión intelixente, e coa
aplicación de algoritmos de Intelixencia Artificial, o ITG amosa que
se pode optimizar a xestión da enerxÃa e predicir consumos.
Estas son algunhas das conclusións de AGERAR II, proxecto
transfronteirizo, liderado por ITG, no que participan tamén o
Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) e o
Instituto Nacional de EstadÃstica y GeografÃa (INEGI), e
cuxos resultados foron presentados na mañá de hoxe (mércores 14 de
xuño) na sede de ITG, na Coruña.
O proxecto europeo AGERAR II (Almacenamiento y gestión de
energÃas renovables en comunidades energéticas locales) ten
como obxectivo promover modelos enerxéticos innovadores baseados no
uso de tecnoloxÃa intelixente que axude a comunidades a decidir de
xeito máis eficiente, promovendo un uso máis sustentábel dos
recursos, con beneficios ambientais, económicos e de aforro
enerxético.
Santiago RodrÃguez Charlón (director de EnerxÃa en ITG), puxo como
exemplo un polÃgono industrial, onde os propietarios das naves,
comercios, etc poden decidir cando e como fornecer, consumir,
almacenar e distribuÃr a enerxÃa renovábel que eles mesmos xeren.
Para iso, os socios participantes en AGERAR II desenvolveron tres
liñas de investigación: a dixitalización de comunidades
enerxéticas locais, a avaliación de novas tecnoloxÃas de
almacenamento (hidróxeno e SuperCondensadores HÃbridos) e o
desenvolvemento de algoritmos de Intelixencia Artificial.
Para este proxecto, ITG desenvolveu unha plataforma de xestión
intelixente que combina as últimas tecnoloxÃas de Intelixencia
Artificial e algoritmia para optimizar os parámetros enerxéticos e
económicos das CEL. A través de sistemas preditivos, anticÃpase
aos cambios na xeración e a demanda de enerxÃa e adapta a
repartición enerxética entre os participantes da comunidade para
maximizar o beneficio común.
Asemade, optimiza o uso de sistemas de almacenamento (baterÃas) e
cargas non esenciais (vehÃculos eléctricos) mellorando a
utilización dos devanditos sistemas e diminuÃndo o custo enerxético
global.
Outro dos desenvolvementos de ITG neste proxecto é a creación dunha
Comunidade Enerxética Virtual, ou sexa: a recreación de modelos
dixitais que representan elementos das CEL como plantas
fotovoltaicas, baterÃas ou vehÃculos eléctricos, conformando unha
Comunidade Enerxética Virtual.
Pola súa banda, INTA e INEGI investigaron a viabilidade técnica e
económica do uso do hidróxeno nas comunidades enerxéticas. Isto
permitirÃa reducir o posÃbel desfasamento entre a produción e o
consumo de enerxÃa nas comunidades de autoconsumo colectivo,
aproveitando o excedente e converténdoo en hidróxeno renovábel,
para ser reutilizado. AsÃ, poderÃase inxectar na rede de gas
natural das CEL e xerar enerxÃa eléctrica empregando pilas de
combustÃbel, achegando enerxÃa limpa aos consumidores, combinando
con outras renovábeis (solar fotovoltaica).
Dende INTA, avaliouse o uso da tecnoloxÃa dos SuperCondensadores
HÃbridos (SCH) nas Comunidades Enerxéticas Locais, coas vantaxes
dos supercondensadores tradicionais, que ofrecen unha elevada
potencia nun curto perÃodo de tempo, coa capacidade de almacenamento
das baterÃas de litio, facéndoos idóneos para as comunidades
enerxéticas.
As comunidades enerxéticas locais están a converterse nunha
resposta eficiente e sustentábel aos desafÃos enerxéticos. Son
grupos de individuos, empresas ou institucións que se unen para
xestionar e compartir recursos enerxéticos de maneira local. O seu
obxectivo é promover a produción, distribución e consumo de
enerxÃa renovábel a nivel comunitario, fomentando a autosuficiencia
enerxética, a eficiencia e a redución de emisións. As CEL buscan
situar ao cidadán no centro do ecosistema enerxético.