O ITG organiza en A Coruña unha xornada sobre nanotecnoloxía

luns, 15 de outubro do 2007

A Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia vai organizar, en colaboración con Caixa Galicia, unha Xornada Divulgativa sobre Nanotecnoloxía, o vindeiro xoves 25 de outubro na sede da Fundación Caixa Galicia en A Coruña.
O acto, que dará comezo a partires das 19 horas, contará coa presenza de José Rivas Rey, director do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e responsable do novo Centro Ibérico de Nanotecnoloxía de Braga, que achegará ó público asistente as posibilidades que se abren coa nanotecnoloxía, mostrando as súas vantaxes e aplicacións na vida cotiá.

PUBLICIDADE