O ITG reuniu a máis de cen expertos da industria dron de toda Europa
xoves, 1 de xuño do 2023
Esta semana (mércores e xoves) a sede da Coruña do ITG (Instituto
Tecnolóxico de Galicia) acollÃa un
dos principais encontros profesionais sobre xestión do tráfico
aéreo de aeronaves non tripuladas. O dito workshop, que
reuniu a máis de cen expertos da industria dron de toda Europa,
inauguraba os encontros de traballo do proxecto europeo U-ELCOME que
quer promover a introdución do U-Space na UE, feito que supón o
antecedente das primeiras demostracións (que serán en quince
localizacións de España, Italia e Francia).
Indo ao encontro, dicir que contou coa presenza de expertos de Reino
Unido, Irlanda, PaÃses Baixos, Bélxica, Dinamarca, Suecia, Polonia,
Francia, Italia e España, que se dividiron en varias sesións de
traballo para analizar aspectos como o desenvolvemento tecnolóxico,
a seguridade, procedementos ou viabilidade económica do U-Space.
Estas sesións foron impartidas por representantes da Organización
Europea para a Seguridade da Navegación Aérea, Eurocontrol; a
enxeñarÃa e consultorÃa INECO, adscrita ao Ministerio de
Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana; os xestores de navegación
aérea de España (ENAIRE), Italia (ENAV) e Bélxica (SKEYES) e
empresas como a francesa Thales ou a norteamericana Collins
Aerospace.
Os participantes asistiron a un programa de sesións temáticas, de
45 minutos de duración e impartidas en paralelo, en cuestións moi
especÃficas derivadas da normativa da Unión Europea sobre U-Space,
o programa da UE para a integración eficiente e segura das aeronaves
non tripuladas no espazo aéreo europeo nunha plataforma unificada e
regulada polas autoridades nacionais para xestionar o tráfico aéreo. ITG, único centro tecnolóxico de Galicia presente neste consorcio europeo actuou como anfitrión do
encontro e tamén como provedor de servizos de U-Space e centro
demostrador con infraestruturas especÃficas para testar soluciones
comerciais e pre-comerciais.
Como resumo do encontro, dicir que U-ELCOME elaborará un manual para
a implantación do U-Space baseado na experiencia adquirida en toda
Europa e para acadar o éxito do U-Space será preciso traballar na
realización de despregamentos harmonizados que posibiliten unha
introdución homoxénea en Europa do U-Space, creando un único
mercado, permitindo a interoperabilidade entre os distintos sistemas; avaliar os riscos dos espazos aéreos e
definir metodoloxÃas, facendo despregaduras seguras de zonas
U-Space, entre outros aspectos.