O Infobús aparca na Estrada
luns, 26 de novembro do 2007
O Infobús BUSSI (Bus da Sociedade da Información) vén de facer unha nova parada obrigatoria no concello da Estrada, onde iniciará a súa andaina por once localidades máis da provincia de Pontevedra.
Os núcleos poboacionais onde se deterá de novo nos vindeiros dÃas serán: Frades, Matalobos, Callobre, Ouzandeo, Tabeiros, Guimarei, O Cereixo, San Pedro de Ancorados, San Andrés de Vea, San Xulián de Vea e Santa Cristina de Vea.
Este proxecto, que conta co respaldo e o financiamento da Xunta, vai levar a cabo un programa de accións de difusión, de formación e de coñecemento das vantaxes das TIC na poboación do entorno das devanditas vilas.