O Kindle Scribe con pantalla a cor chega a España
mércores, 10 de xuño do 2026
Amazon puxo á venda en España a nova xeración de dispositivos Kindle Scribe, unha familia que combina lector de libros electrónicos e caderno dixital nun único equipo. A renovada gama está formada polo Kindle Scribe de última xeración, dispoñible con ou sen luz frontal, e polo novo Kindle Scribe Colorsoft, o primeiro modelo da serie con pantalla a cor.
Os novos dispositivos manteñen as funcións que caracterizan a familia Kindle Scribe, permitindo tomar notas manuscritas e acceder a millóns de libros desde un único aparello, pero introducen melloras no deseño, no rendemento e na experiencia de uso.
O novo Kindle Scribe presenta un perfil de só 5,4 milÃmetros de grosor e un peso de 400 gramos. O trebello é ata un 40 % máis rápido tanto na escritura como no paso de páxina. Tamén incorpora unha pantalla antirreflexos de 11 polgadas de maior tamaño, unha superficie texturizada que busca reproducir a sensación do papel ao escribir e un sistema de iluminación frontal autorregulable que duplica o número de LED respecto de xeracións anteriores.
A principal novidade da familia é o Kindle Scribe Colorsoft, que conserva o deseño da nova xeración e engade unha pantalla baseada na tecnoloxÃa Colorsoft. Esta solución permite escribir e visualizar contidos en cor con tons suaves pensados para reducir a fatiga visual, mantendo ao mesmo tempo a autonomÃa de varias semanas caracterÃstica dos lectores Kindle. O dispositivo continúa apostando por unha experiencia libre de aplicacións e notificacións que poidan distraer ao usuario.
A actualización tamén incorpora novas ferramentas de produtividade impulsadas por intelixencia artificial. Entre elas destaca un caderno con IA capaz de realizar buscas en todos os cadernos almacenados, elaborar resumos e responder a preguntas de seguimento. A nova pantalla de inicio inclúe un espazo para notas rápidas, mentres que a integración con Google Drive e Microsoft OneDrive facilita a importación de documentos e a exportación de PDF anotados.
As novidades complétanse coa compatibilidade con OneNote para exportar notas en formato texto ou imaxe, a incorporación de dez cores de bolÃgrafo, cinco cores de subliñador e unha ferramenta de sombreado para ilustracións, ademais dun espazo de traballo que permite organizar documentos, cadernos e libros nunha mesma carpeta.
Todos os modelos inclúen un lapis premium que se fixa magneticamente ao dispositivo e non require recarga. O Kindle Scribe con 32 GB de almacenamento ten un prezo de 519,99 euros, mentres que a versión de 64 GB custa 569,99 euros. O novo Kindle Scribe Colorsoft parte de 649,99 euros para o modelo de 32 GB e de 699,99 euros para o de 64 GB. A variante de Kindle Scribe sen luz frontal comercialÃzase por 449,99 euros.
