O MUNCYT festexará o DÃa da Muller e da Nena na Ciencia cun ciclo de charlas por parte das investigadoras do CITIC
martes, 4 de febreiro do 2025
Con motivo do DÃa Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o MUCYT da Coruña (Museo Nacional de Ciencia y TecnologÃa) e a Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC) levarán a cabo un ciclo de charlas por parte das investigadoras do CITIC encamiñado ao alumnado de centros educativos. Este evento ten como obxectivo promover a participación plena e equitativa das mulleres e as nenas na ciencia, avanzar na igualdade de xénero e empoderar ás mulleres no eido cientÃfico e tecnolóxico.
As charlas, impartidas por cientÃficas e enxeñeiras do centro de investigación no ámbito da informática, visibilizan o papel fundamental das mulleres neste sector e buscan inspirar novas vocacións cientÃfico-tecnolóxicas entre o alumnado máis novo. O evento terá lugar o martes 11 de febreiro no MUNCYT, de 10:20 a 13 horas, e está destinado a estudantes de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional, sendo recomendábel a participación a partir de 3º da ESO. As actividades realizaranse en modalidade presencial, cun aforo limitado ao salón de actos, e en liña, a través dunha conexión online.
As reservas deben realizarse con anterioridade enviando un correo electrónico a reservascor@muncyt.es ou chamando ao teléfono 689 578 727. Durante a reserva, os grupos poderán elixir as charlas nas que desexen participar. Para a modalidade en liña, será preciso contar con medios técnicos na aula, como conexión a internet e equipos audiovisuais. Amais, anÃmase a que o alumnado envÃe preguntas por adiantado, que serán seleccionadas e agrupadas por similitude con outras cuestións.
Indo ao programa, o encontro comezará ás 10:20 horas coa benvida ao evento. De 10:30 a 11 horas, Verónica Bolón Canedo (enxeñeira e doutora en informática pola UDC e investigadora no CITIC) ofrecerá a charla: Avances e desafÃos da Intelixencia Artificial, e por que aÃnda non temos que temer aos robots!, onde realizará un percorrido pola historia da IA. Verónica foi premiada co Premio Nacional de Investigación 2024 na modalidade MarÃa Andresa Casamayor.
De 11:10 a 11:40 horas, Elena MarÃa Hernández Pereira (doutora pola UDC e investigadora no CITIC) impartirá a charla: Ciberseguridade e aprendizaxe automático: como as máquinas loitan contra os cibercriminais, explicando como a aprendizaxe automática pode mellorar a protección de datos en internet.
De 11:50 a 12:20 horas, MarÃa MartÃnez Pérez (investigadora do centro TIC, enxeñeira informática e doutora pola UDC) ofrecerá a charla: Explorando a fórmula: RFID = Seguridade + Calidade – Riscos, abordando como a tecnoloxÃa RFID pode mellorar a seguridade e a calidade nos procesos sanitarios.
Para rematar, de 12:30 a 13 horas, MarÃa José MartÃn SantamarÃa (doutora en Ciencias FÃsicas pola USC e investigadora no CITIC no grupo de Arquitectura de Computadores) pechará o ciclo cunha intervención sobre: Que é a computación cuántica e por que é tan revolucionaria?
Sinalar que cada charla terá unha duración de 30 minutos, seguida de 10 minutos para interactuar co alumnado. Para máis información sobre o encontro, é preciso contactar co MUNCYT por correo (reservascor@muncyt.es) ou teléfono (689 578 727).