O Messenger de Facebook estrea versión para mercados emerxentes
luns, 3 de outubro do 2016
A primeiros do ano pasado Facebook lanzou unha
aplicación para paÃses con conexións móbiles precarias, Facebook Lite, que
non só fai un reducido uso das tarifas de datos, senón que tamén deixa unha
pegada máis reducida no smartphone, ocupando menos espazo de almacenamento e
recursos (ou sexa, que tamén terÃa un impacto menor na autonomÃa do móbil) e
continuando na mesma liña presentan
agora Messenger Lite, unha aplicación para Android dirixida a mercados nos
que as conexións á Rede aÃnda son bastante lentas e onde predominan os
smartphones de prestacións moi básicas.
Messenger Lite permite intercambiar textos, fotografÃas e ligazóns con calquera
que use a mesma aplicación ou tamén o Messenger normal de Facebook, co que
buscan incrementar a base de usuarios desta ferramenta que cada dÃa acada unha
cota de mercado máis próxima á de WhatsApp (de xeito, en certos mercados é a
ferramenta de mensaxerÃa instantánea lÃder).
Esta nova aplicación ocupa menos de 10 MB, instálase rapidamente e tamén entra
en funcionamento dun xeito áxil, e procura manter as funcións centrais do
Messenger, como a mensaxerÃa, o intercambio de fotografÃas e ligazóns e incluso
o uso de adhesivos (stickers),
deixando de lado funcionalidades como as conversas de voz, as videoconferencias
e outras caracterÃsticas avanzadas que non se considerarÃan imprescindibles.
Polo momento Messenger Lite está só dispoñible en Quenia, Tunisia, Malaisia,
Sri Lanka e Venezuela, aÃnda que está previsto que nos vindeiros meses chegue a
moitos outros paÃses.
