O Messenger de Microsoft chega ós 13 millóns de usuarios en España
mércores, 12 de setembro do 2007
O servizo de mensaxería instantánea de Microsoft xa
se coñece en España coma o Messenger,
obviando que existen outros programas deste tipo doutras empresas, xa que a
porcentaxe de penetración desta aplicación no Estado é do 95%. chegando ós 13 millóns de usuarios.
Microsoft tamén anunciou que Hotmail é o servizo de correo máis popular de España con 11,5 millóns de usuarios, mentres que o servizo de creación e xestión de blogs, o Windows Live Spaces, acadou a cifra de 4 millóns de espazos en España.