O Ministerio de Cultura coordinará a creación do Portal Europeo de Arquivos na Internet

mércores, 23 de xaneiro do 2008

España coordinará o proxecto de creación dun Portal Europeo de Arquivos na Internet que unificará os recursos arquivísticos agora dispersos. O proxecto conta co apoio da Comisión Europea, que achegará 3 millóns de euros a través da iniciativa eContentplus.
O obxectivo xeral do proxecto é a unificación e publicación a través da Internet dos distintos arquivos de España, Finlandia, Francia, Alemaña, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, Suecia, Grecia e Eslovenia, agardándose que sexa unha realidade en 3 anos.

PUBLICIDADE