O Nexus One podería ser multi-táctil en Europa

venres, 8 de xaneiro do 2010

Co lanzamento do móbil Nexus One con pantalla capacitiva comentouse moito sobre as súas capacidades multi-táctiles e, pese a que algunhas fontes o desmenten, parece que finalmente o novo terminal promovido por Google podería chegar a Europa con soporte multi-táctil, pois segundo parece, o culebrón sobre este tema vén provocado por unha patente norteamericana de Apple sobre tal tecnoloxía.

PUBLICIDADE