O Nobel de Economía 2006 manterá un encontro con empresarios galegos en Compostela

xoves, 4 de outubro do 2007

No marco da xornada A actual política macroeconómica mundial e os seus efectos nas rexións periféricas, o Premio Nobel de Economía 2006, Edmund Phelps, vaise achegar a Santiago de Compostela o vindeiro venres 26 de outubro para manter un encontro con directivos empresariais galegos.
Este evento, organizado pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD) co apoio de Caixanova, pretende achegarlle ós empresarios galegos a análise do novo escenario económico mundial e as súas repercusións nas rexións periféricas como Galicia.
No foro tamén participarán o director xeral do Instituto de Estudos Económicos, Juan Iranzo e o director xeral de APD, Enrique Sánchez de León.

PUBLICIDADE