O PP preguntará por qué un ordenador cecido pola Xunta a unha biblioteca contiña documentos relativos ó PSdeG
luns, 20 de agosto do 2007
O alcalde de Boqueixón, Adolfo Gacio, recoñeceu que solicitará a través do grupo parlamentario popular unha pregunta ó goberno autonómico sobre a
localización de arquivos relacionados coa campaña electoral do PSdeG nas pasadas eleccións municipais no disco duro dun ordenador cedido pola Xunta de Galicia para a instalación na biblioteca municipal do seu concello.
O ordenador cedido pola Consellaría de Cultura (responsabilidade do BNG) a través do programa Internet nas Bibliotecas debería
ser un equipo novo, polo que sorprendeu ó persoal do Concello de Boqueixón que no seu disco aparecesen ficheiros con nomes como “dosier de campaña municipales 2007”, “logo psdg” ou “Diego López Garrido en As Pontes”.