O PPdeG amosa o seu apoio á iniciativa da Asociación PuntoGal
luns, 6 de agosto do 2007
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, vén de facer público o seu apoio á iniciativa da Asociación PuntoGal ó consideralo “un dominio cultural e non territorial identificativo de Galicia tal e como neste momento ten Cataluña con PuntCat”.
Nunha reunión que mantivo coa directiva da devandita Asociación, Núñez Feijóo destacou a importancia de situar a cultura galega nun lugar propio e diferenciado en Internet e asegurou que “a iniciativa carrexará implicacións positivas no eido económico e social, ó permitirnos identificar tódolos contidos creados en Galicia coa mesma terminación”.